martes, 6 de mayo de 2014

O IDH


I.D.H 

Índice de Desenvolvemento Humano ou IDH é un índice estatístico composto que ven sendo empregado polo Programa das Nacions Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) dende 1993, avaliando o desenvolvemento humano dos estados do mundo.
O índice foi desenvolvido en 1990 polo economista paquistanés Mahbub ul Haq e o economista indio Amartaya Sen.

Criterios de avaliación

  • Educación: para avaliar a dimensión da educacion o cálculo do IDH considera dous indicadores. O primeiro é a taxa de alfabetización , considerando a porcentaxe de persoas maiores de 15 anos de idade. O segundo é a taxa bruta de escolarización, combinando as medidas das taxas para a educación primaria, secundaria e superior.
  • Lonxevidade: a lonxevidade é avaliada considerando a esperanza de vida ó nacer, que permite a medición indirecta da satisfacción de bens materiais esenciais tales como o acceso a unha alimantación sa, á auga potable, a unha vivenda digna, a unha boa hixiene e a coidados médicos.
  • Nivel de vida/renda: calcúlase mediante o logaritmo do Producto Interior Bruto por habitante en pariedade de poder adquiditivo en dolares. Engloba os elementos da calidade de vida que non son descritos polos dous índices anteriores, como a mobilidade ou o acceso á cultura.
    


   O IDH calcúlase como a media aritmética dos índices de lonxevidade, nivel de educación e nivel de vida ou renda.
O cálculo destes índices vén dado no seguinte cadro:
Cálculo dos índices que compoñen o Índice de Desenvolvemento Humano.
ÍndiceMedidaValor mínimoValor máximoFórmula
Lonxevidadeesperanza de vida ó nacer (EV)25 anos85 anosL = \frac{\mathrm{EV}-25}{60}
EducaciónTaxa de alfabetización (TA)0%100%E = \frac{2\mathrm{TA} + \mathrm{TBS}}{3}
Taxa bruta de escolarización (TBS)0%100%
Renda Logaritmo do PIB por habitante
en paridade de poder adquisitivo
100 USD40 000 USDR = \frac{\log_{10}\mathrm{PIB}-2}{2\mathrm{,}60206}
   

Clasificación do IDH

No informe publicado en 2007 o Índice de Desenvolvemento Humano oscila entre Islandia cun índice de 0,968 na primeira posición ó 0,336 de Serra Leoa no posto 177.
Os estados clasifícanse en 3 grandes grupos_
  • Estado con desenvolvemento humano alto (IDH ≥ 0,8): 70.
  • Estado con desenvolvemento humano medio (0,5 ≤ IDH < 0,8): 85.
  • Estado con desenvolvemento humano baixo (IDH < 0,5): 22.  

    

En 2012 el indice de desarrollo humano en españa fue 0.885 puntos, lo que supone que se ha mantenido respecto a 2011.
Si ordenamos los países en funcion de su Índice de desarrollo humano, España se encuetra en buen lugar, ya que ocupa el puesto 23 del ranking de desarrollo humano (IDH).

No hay comentarios:

Publicar un comentario